O próximo venres 12 de marzo ás 17 horas, mediante videoconferencia en Zoom e previa
inscrición, preséntase o libro No os dejéis robar la dignidad. El papa Francisco y el trabajo,
de Abraham Canales (Ediciones HOAC, 2019).
No diálogo participará o autor do libro e director de Publicacións da HOAC. Está organizado
pola Ir mandade Obreira de Acción Católica (HOAC) das dioceses de Galicia en
colaboración coa iniciativa Igrexa polo Traballo Decente.
Esta publicación, na súa segunda edición, é unha recompilación comentada de textos, a
modo de compendio, que concreta o compromiso do papa Francisco co traballo decente,
expresado en Evangelii gaudium e en Laudato si’, dúas das súas aportacións de referencia
tanto para a Igrexa como para as «persoas de boa vontade» do planeta. Unha constante
que veu desenvolvendo nos distintos diálogos realizados coas organizacións dos
traballadores e cos movementos populares; en diversas visitas pastorais; e nas principais
institucións políticas, económicas y laborais. O libro foi presentado en diversas cidades d o
país cunha satisfactoria aceptación entre as persoas que asisten aos actos.
O autor participou no III Encontro Mundial de Movementos Populares en diálogo co papa
Francisco e no enc ontro internaciona l «De Populorum progressio a Laudato si’. O traballo e
o movemento dos traballadores no centro do desenvolvemento humano integral, sostible e
solidario. Por que o mundo do traballo segue sendo a clave do desenvolvemento no mundo
global?» que reuniu ao movemento sindical mundial co Dicasterio para o Servizo do
Desenvolvemento Humano Integral do Vaticano.
No os dejéis robar la dignidad invita a mergullarse neste pensamento para seguir
profundizando nel e comprometerse nesta «prioridade humana e cristiá», máis aínda cando
o Papa, neste tempo de profundos cambios no mundo do traballo, exhorta a que o traballo,
como actividade creadora que outorga dignidade á persoa, sexa a clave esencial coa que
situarse neste mundo, rapidamente cambiante, e axude a lograr unha «vida boa», evitando
a precarización e o descarte de millóns de persoas, e favoreza o coidado da casa común.