Presentación do Plan Pastoral Diocesano no arciprestado de Alvedro e Cerveiro

Este venres día 6 de marzo, tivo lugar na parroquia de Sada, un encontro do arciprestado de Alvedro e Cerveiro.

Primeiramente houbo un momento de oración en torno á lectura evanxélica da parábola do sementador, a conversión e a importancia de camiñar xuntos.

Despois, o delegado para o laicado, Alfredo Losada, fixo unha presentación do Plan pastoral diocesano, manténdose posteriormente un interesante diálogo sobre como aterrar o Plan nas comunidades parroquiais e no arciprestado, así como da importancia da colaboración entre sacerdotes, segrares e vida consagrada na misión evanxelizadora.

A verdade é que a xuntanza, na que participaron medio centenar de persoas, serviu de impulso para traballar o Plan pastoral nas parroquiais e nas unidades pastorais.