A Parroquia de Carballo acaba de presentar o Programa Pastoral de Carballo e da Unidade Pastoral, que ten como obxectivo “poñer en práctica as orientacións do Sínodo Diocesano en orde á renovación pastoral da nosa Diocese”, e facer chegar a todos a invitación “volve a casa da man de María” como proclama o atrio aberto e a imaxe da Nai da Misericordia. “Volve a Casa da man de María” Sempre é tempo de volver! E Deus ten un camiño para cada un. Iso é o que a Virxe nos está pedindo desde a súa imaxe na Capela da Milagrosa, e da imaxe da Mater Misericordiae do atrio renovado da igrexa parroquial… Era a invitación do Ano Xubilar, e que de novo queremos proclamar durante o novo curso.
Quérese animar aos desanimados, desesperados, aos que se afastaron de Deus e se senten perdidos e sen salvación, aos que empezan a crer (ou en realidade sempre o fixeron) e non coñecen o camiño de volta a Casa. E como non! No noso camiño descubrir unha man cariñosa que estreitará a nosa e guiaranos á Casa: María, que como Nai non se cansa de esperar e repítenos o seu desexo de que coa nosa familia acheguémonos a Deus.
Programa Pastoral da Parroquia de Carballo e da Unidade Pastoral (PDF)
Máis información
- La parroquia carballesa presenta un nuevo plan pastoral (La Voz de Galicia)
- La Parroquia carballesa presenta el 45º curso de su programa pastoral (Diario de Bergantiños)