A Pontificia Unión Misional, responsable de promover a formación misioneira do Pobo de Deus, lanza unha formación única, online e en español, pensada para todos os que desexen afondar na misión da Igrexa. É unha oportunidade para formarse dende a casa, cunha mirada internacional sobre a misión ad gentes. O curso dará comezo o 28 de outubro e prolongarase ata o mes de xuño, con encontros síncronos de 1 hora e 45 minutos de duración, os martes a partires das 20 horas da tarde.
O prezo do curso é de 90€ e obterase un certificado ofinal ao finalizar.
Podedes consultar toda a información e inscrición na ligazón: https://omp.es/noticias/curso-de-actualizacion-en-misionologia/







