Reparto da Luz da Paz de Belén

A cerimonia do Reparto da Luz da Paz de Belén para toda Galicia terá lugar o vindeiro sábado 17 de decembro, ás 16:15h na Igrexa de san Xoán Evanxelista de Vista Alegre (Rúa do Bispo Diego Peláez, 2, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña).

Están convidados todos os sacerdotes, catequistas, outros axentes de pastoral, familias e quen queira participar dunha das cerimonias máis entrañables do advento.

Pola mañá, no Centro xuvenil Don Bosco (Rúa de Belvís, 2, 15703 Santiago de Compostela, A Coruña), reuniranse os grupos de scouts a partir das 10:30, para facer un gran xogo pola cidade, se o tempo o permite, e se non a xornada se desenrolará no propio Centro.

As actividades da mañá están abertas aos mozos e mozas da catequese parroquiais. Basta que se comunique a súa presenza ao seguinte correo: scoutsgalicia@scoutsgalicia.org.

O xantar, que ten que levar cada participante, será ás 14:00h.