Todos os anos, o Grupo de teatro do Seminario Menor, formado por profesores, familias e alumnos (antigos e actuais), enfráscase na representación dunha obra de teatro que vai perfeccionando ao longo do curso para ofrecer tamén varias sesións en aberto para outros colexios e cantos se queiran achegar.

De entre todas elas, convídasenos á que terá lugar o vindeiro mércores, día 1 de xuño, ás 18:30 horas, no salón de actos do propio Seminario. A colaboración solidaria consiste na recollida de alimentos, destinados a institucións benéficas da cidade. Haberá incluso posibilidade de reservar entradas a través do 646 066 020.

A obra escollida nesta ocasión será A volta ao mundo en 80 días, unha das aventuras máis coñecidas do gran Xulio Verne, ao que este ano adicaron a súa Semana Cultural. Será unha oportunidade para percorrer dende un mesmo espazo a gran variedade de países e culturas da man de Phileas Fogg.

Non temos escusa para perdernos este gran viaxe…