O domingo 14 pola tarde no Colexio do Carme da Grande Obra de Atocha de Betanzos celebrouse o retiro de adventos para voluntarios e catequistas das parroquias do Arciprestado de Betanzos.
Logo da oración ante o Santísimo, houbo unha rflexión sobre como responder coma cristiáns ante a paganización do nadal, dirixida polo párroco de Coirós, D. Juan Jacobo Ardá. Tras uns momentos de compartir, rematou o retiro co canto da Salve, ante María, virxe da Esperanza.






