Neste taller en liña o 26 de novembro de 9 a 14 h. vese como Xesús se relacio-
nou coas mulleres e o impacto que tivo na sociedade da súa época; e como esas
actitudes, comportamentos e palabras interpelan a nosa vida.
Contidos:
1. Situación da muller xudia no século I
2. Xesús e a súa relación coas mulleres
3. Mulleres discípulas
4. As mulleres, primeiras testemuñas da súa resurrección
5. María de Nazaret
6. Ler a Biblia con ollos de muller
Actitudes a coidar no Curso
Neste taller interiorízase todo o que se vai expondo, por iso o que nos pide é que manteñamos unha actitude de apertura, deixando que o Espírito se coe nas nosas vidas, e que Xesús e a súa forma de relacionarse nos interpele; respecto e escoita ás demais persoas; compartir os nosos sentimentos e emocións ante o que El nos está transmitindo; e en procura, non pensando que xa o sabemos todo, senón co convencemento que se fai camiño andando xuntos e que só a experiencia do encontro co Resucitado avivará o lume dos corazóns.
Dinámica.
O taller dividirase nunha parte expositiva con posterior diálogo sobre os contidos presentados e outra parte práctica con textos do Novo Testamento que se traballarán por grupos e con posterior posta en común.
Materiais que necesarios:
A Biblia.
Ligazón de acceso:
https://us02web.zoom.us/j/84249330942