1.- Quen es (vida/ estado; familia; lugar de orixe / residencia…) Son un relixioso de La Salle, xubilado. Nacín na parroquia de san Xulián de Laíño. Actualmente resido no Colexio La Salle de Santiago de Compostela.
2- Dedicación (traballo profesional / misión na diocese / vocación…) Dediquei a miña vida -48 anos- ao servizo educativo en diferentes colexios La Salle de España, Portugal e África. Colaborei durante 8 anos con Escolas Católicas de Galicia, como Secretario autonómico. Actualmente colaboro con Confer Galicia, como Secretario, e tamén coa Rede de Catequese de Galicia e a pastoral dos colexio.
3.- Que opinas do Coronavirus? Que é una epidemia máis que afecta ás persoas. Quizais esta con máis virulencia debido á súa fácil propagación.
4.- Cústache estar na casa? Por que? Estar confinado na casa sempre custa a persoas que gustan de dar paseos polos arredores de Santiago. Con todo, a todo se afai un, especialmente se é por ben das demais persoas e de un propio, coma neste caso.
5.- Algo que che axude a soportar mellor a rutina diaria actual. Pensar que nos estamos a axudar uns a outros. Ninguén quere causar dano a outras persoas, nin que nolo poidan causar a nós mesmo. No noso caso temos a vantaxe de ter una casa grande e non estar na estreiteza dun piso ou apartamento.
6.- Que lección podemos sacar de todo isto? Que a grandeza do ser humano e o seu nivel de ciencia, tecnoloxía… pode verse ameazado seriamente por algo tan aparentemente insignificante como un virus.
7.- Unhas palabriñas para Deus. “A gloria de Deus é que o home viva plenamente”, dicía santo Ireneo de Lyon. Como en tantas epidemias ao longo da Historia, o Señor acompáñanos sempre e bótanos una man nos momentos de apuro. Neste caso non vai ser distinto. Con todo, a axuda de Deus e a confianza que nos dá, non substitúe o noso esforzo e o cumprimento das normas que nos dan para superar esta epidemia.
8.- Unha dedicatoria para alguén. Manifestar o meu cariño e simpatía a todo o persoal sanitario que expón a súa vida ao servizo dos demais e a tantas outras persoas que prestan a súa axuda para resolver os problemas que esta situación crea.
9.- Un modo de servir aos demais sen saír de casa. A través de Internet podemos seguir colaborando en traballos de pastoral, catequese…
10.- Un soño para o futuro. Que Deus, que dotou o ser humanos de intelixencia e espírito de superación, alente o esforzo e a ilusión de tantos investigadores para que se vaian superando os atrancos das enfermidades e se mellore a calidade de vida das persoas, especialmente dos que teñen menos posibilidades.