O pasado domingo, na Unidade Pastoral Virxe do Carme de Tordoia/Cerceda, vivíronse dúas celebracións eucarísticas especiais en sendos templos, marcadas por un espírito de preparación e esperanza ante a próxima visita papal á nosa terra.
Baixo a guía do párroco Fernando Ramos, as Eucaristías contaron con monicións de entrada, preces e unha oración final elaboradas especificamente para a ocasión. Estes textos puxeron o acento nos froitos espirituais e comunitarios que se agardan desta visita, convidando aos fieis a vivila con fe renovada e compromiso cristián.







