Un acordo entre Ravella e a orde dos claretianos permite usar o convento como aloxamento

  • Estará a disposición das familias que poidan atoparse en situación de risco

O Concello de Vilagarcía chegou a un acordo coa Orde dos misioneros claretianos para dispoñer da zona residencial do convento de Los Padres para dar aloxamento a familias poidan atoparse en situacións de risco derivadas da crise sanitaria do coronavirus. O acordo permitirá ao Concello dispoñer de forma gratuíta dos trece dormitorios do segundo andar do edificio da praza da Constitución, en desuso dende que a orde pechou ás instalacións hai uns anos.

Pese a levar uns anos baleiras, as instalación atópanse en bo estado. As habitacións do segundo andar están totalmente amobladas e contan con baño individual o que, en caso de ser necesario, tamén facilitaría o illamento de persoas en corentena.

Inicialmente habilitarase oito habitacións, coa posibilidade de ampliar o número en caso de ser necesario, e a zona da sala de estar. As persoas derivadas polos Servizos Sociais poderán pasar o confinamento nelas e dado que as habitacións non dispoñen de cociña, o Concello garantirá a alimentación dos usuarios a través dun servizo de entrega a domicilio contratado cun establecemento hostaleiro da localidade. A previsión é que o aloxamento estea operativo a mediados da vindeira semana.

A cesión por parte dos Claretianos é totalmente altruísta, polo que o Concello soamente terá que facerse cargo dos gastos de mantemento das instalacións e do seguro de responsabilidade civil durante o tempo que as utilice. Os operarios municipais revisarán as instalacións para realizar unha posta a punto e farase unha limpeza xeral para que todo estea en perfecto estado.

O goberno local agradece á orde relixiosa a disposición a colaborar que amosaron desde o primeiro momento.

 

Fonte: La Voz de Galicia