Unha quincena de agradecemento

Se a semana pasada compartiamos con gozo a visita á Raíña das Irmás Benedictinas, tamén queremos agradecer aos diversos grupos que compartistes connosco tanto ben, nestes últimos quince días.

1º. Aos mozos que, dende diversas rexións de España, viñestes a colaborar no Campo de Traballo de Lasalle e que, nunha semana, deixastes unha pegada indeleble coa vosa implicación, simpatía e fondura espiritual.

2º. Ao grupo de mozos que participabades, a semana seguinte, na V Escola de Voluntariado de MMUU (Mans Unidas), polo voso compromiso en crear outro mundo posible.

3º. Aos matrimonios de Equipos da nosa Señora que quixestes celebrar aquí o Retiro-Encontro de Rexión e Sectores de Galicia.

4º. Ao numeroso grupo de Emaús mulleres (acompañadas de algúns maridos, fillos e fr. Natalio) por un marabilloso día de celebración e convivencia.

Desde esta vosa Casa, o noso agarimo e agradecemento sincero a Deus, e a vos.