VI Encontro de Colexios Diocesanos

Unha representación do Arcebispado de Santiago de Compostela, encabezada por don José Manuel Taibo García, reitor do Colexio-Seminario Menor, participa no VI Encontro de Colexios Diocesanos organizado pola Comisión Episcopal de Educación e Cultura da Conferencia Episcopal Española, que se celebra en Palma de Mallorca os días 25, 26 e 27 de novembro.

O tema deste encontro é “Cara unha marca propia dos Colexios Diocesanos”. A Fundación San Vicente Mártir de Valencia ten a ponencia sobre as ferramentas para crear a marca propia, tamén se presenta a Fundación Diocesana Ramon Llull de Mallorca e diversas “boas prácticas” de distintos proxectos educativos dos centros de titularidade das diversas dioceses que participan, entre o que se destacou o premio recibido polo colexio diocesano de Albacete polo seu proxecto educativo inclusivo.