Información generalVisita á Casa de Acollida de San Cibrán

Visita á Casa de Acollida de San Cibrán

O Artigo 47 da Constitución Española di que todos os españois e españolas temos dereito a unha vivenda digna, mais en ocasións a realidade é ben diferente e moitas persoas viven neste país sen un fogar.

O próximo 26 de novembro Cáritas lanza a campaña de persoas sen fogar e, para coñecer máis a fondo esta realidade, o alumnado e algunhas profesoras de 1º de ESO visitamos a casa de acollida de San Cibrán en Sobradelo. Este proxecto, nacido no ano 2005, pretende dar un teito a quen o necesita e favorecer a súa inclusión social traballando as habilidades sociais e a autonomía persoal. A casa ten capacidade para 14 participantes e, dende o seu comezo, pasaron por ela máis de 200.

Na nosa visita, as persoas participantes e as traballadoras amosáronnos como é o seu día a día e axudáronnos a comprender esta realidade e a liberarnos dos prexuízos. Agradecémoslles de corazón a calorosa acollida que nos deron e esperamos seguir en contacto con eles para futuros proxectos.

E como dixo o noso compañeiro Pablo Castro no seu discurso dedicado ás persoas participantes: “A vida é un libro que non sabemos cando rematará pero esperamos que no final dos seus libros apareza un: E VIVIRON FELICES PARA O RESTO DOS SEUS DÍAS”.

Deixámosvos un vídeo da nosa visita.

 

Fuente: filipenses.es

Lo más visto

Condecoración a cuatro sacerdotes en la celebración del Pilar

Los sacerdotes Antonio Vila Brion, párroco de Baroña y Xuño, Ramón Jorge Mosquera (Porto do Son e unidas), Jesús López Míguez (Outes) y José...

«Polo Camiño da fe»: 75 anos da Irmandade Obreira de Acción Católica

A Irmandade Obreira de Acción Católica cumpre 75 anos de existencia. Os militantes de toda Galicia runíronse na Raíña para compartir una xornada de...

Más Entradas