Estes meses de novembro e decembro está tendo lugar a visita pastoral ó arciprestado de Barbeiros. Son un total de trinta e tres parroquias rurais, situadas no interior da provincia de A Coruña, comprendidas entre os Concellos de Mesía, Frades, e parte dos concellos de Oroso, Ordes, e Oza-Cesuras. Desde 1991, en tempos de monseñor Rouco, non se producía este acontecemento tan importante na vida destas comunidades cristiáns, se ben D. Julián Barrio xa tivera ocasión de realizar diferentes visitas a estas terras.
O día 22 do mes pasado reuniuse co grupo da EDAP de Barbeiros, en Galegos na casa das Doroteas: unhas vintecinco persoas, que comezaron o terceiro curso de preparación para converterse nun equipo de evanxelización nesta comarca.
Nas parroquias das que estou encargado a visita se produciu os sábados 30 de novembro e este pasado día 14. Na primeira xornada encontrouse co grupo dos nenos e mozos da catequese e coas súas familias na Igrexa de Xanceda. A continuación celebrou a Eucaristía na honra a San Andrés, venerado na capela das Virtudes, en Vitre. Este último sábado, segunda xornada, presidiu unha celebración penitencial en San Sebastián de Castro, celebrou a Santa Misa en Albixoi, onde administrou a confirmación a un grupo de dez mozos, e xa pola tarde, presideu a Eucaristía en Cumbraos, e tivo un encontro en Lanza con un diálogo rematado con un pequeño ágape festivo. Malia o mal tempo, a visita congregou un numeroso grupo de persoas, e permiteu que o noso Arcebispo presidira as celebracións, administrara os sacramentos, coñecera as nosas Igrexas, dirixira a súa palabra ós seus fregueses, e, segundo o desexo que nos transmitiu, os puidera escoitar. Os diferentes encontros deixaron unha gran satisfacción nas nosas comunidades, que percibiron a cercanía do seu Pastor, e creo que foron un importante impulso na nosa vida de fe. Ademais supuxeron un maior achegamento entre as diferentes comunidades, xa que a visita foi preparada e realizada conxuntamente para as seis parroquias
Juan Redondo