XXV Xuntanza Xeral e LIII Xuntanza Diocesana Ordinaria dos scouts galegos

Un ano máis, os scouts de todas as Delegacións diocesanas galegas, atopábanse no Centro de acollida scout Abeiro, na parroquia compostelá de Santa María de Figueiras, durante a mañá do sábado do 14 de setembro para ter a súa XXV Xuntanza Xeral, e a LIII Xuntanza Diocesana Ordinaria de Santiago pola tarde.

O escultismo católico é un movemento eclesial de educación integral no tempo libre que se propón formar homes e mulleres libres, críticos, comprometidos coa súa fe e no momento histórico que lles tocou vivir, abertos aos demais, capaces de amar e de vivir en grupo.

A súa metodoloxía pedagóxica baséase na vida en pequenos grupos, a autogestión, o contacto coa natureza, o xogo, a adhesión libre á lei scout e unha promesa como camiño de experimentación do compromiso.

Na nosa xeografía galega máis de 300 nenos e nenas, mozos e mozas, en idades comprendidas entre os 7 e os 19 anos, participan deste movemento. Os distintos grupos están distribuídos en diversas parroquias das cidades e vilas de Tui, Santiago, Coruña e Sada.

Para máis información pode contactarse a través dos teléfonos 981526777 – 678797685, ou ao seguinte correo: scoutsgalicia@scoutsgalicia.org