Festa de San Rosendo no Seminario Menor

O Seminario Menor celebra a súa festa en torno a solemnidade de San Rosendo, por ser este o día na que se colocou a primeira pedra do edificio; un edificio do que precisamente esta semana se facía público a súa inclusión no Catálogo de Patrimonio Cultural de Galicia.

Despois dunha semana chea de actividades e na que onte mesmo daban acollida as competicións deportivas e ao traballo no mundo das impresións 3D, hoxe chega a quenda dos actos centrais. A nivel académico, a profesora Mª. Teresa Amado disertará sobre o Teatro na Grecia da antigüidade antes de dar paso ao Acto académico. No eido relixioso, a parte das I Vésperas Solemnes de onte, a celebración da Santa Misa congregará a toda a comunidade educativa en torno á mesa do altar.

Mais non será este o peche da semana grande do Seminario Menor; o sábado agarda o Encontro de Antigos Alumnos para as diversas promocións desta institución.