O vindeiro xoves, 22 de outubro, terá lugar unha rolda de prensa conxunta da Confraría da Humildade e da Sociedade Deportiva Compostela, co fin de renovar a colaboración da que será a quinta edición do concurso de debuxos infantís “Humildade pola solidariedade”. Unha iniciativa da propia Confraría que ten por obxectivo buscar da participación dos máis pequenos para potenciar os seus valores, como humildade e solidariedade, durante o Nadal.
Data: Xoves, 22 de outubro
Hora: 11 horas
Lugar: Tenda oficial da S.D. Compostela.
Rúa da Raíña, 8. 15702 Santiago de Compostela (A Coruña)
Información: Gabinete de Prensa Xunta de Confrarías
Adrián Villa – Telf. 665 110 351 / prensa@chianarede.com