A Catedral de Santiago móstrase como exemplo de xestión nun congreso internacional en Pisa

Durante este días desenvolveuse na cidade italiana de Pisa o congreso “Catedrais Europeas. O equilibrio entre conservación e espiritualidade”. Nel participan un bo número de conservadores e xestores de catedrais de Europa que están a debatir e expoñer os seus exemplos sobre a xestión destes edificios patrimoniais.

A Catedral de Santiago preséntase como exemplo único de xestión dun espazo arquitectónico que ademais de ser igrexa principal dunha arquidiócese, é santuario e meta de peregrinación, ademais de monumento obxecto de vista por parte de milleiros de turistas. O director da Fundación Catedral de Santiago, Daniel Lorenzo, explicou aos asistentes como se traballa para compaxinar a labor pastoral da catedral, destino de innumerables peregrinos que camiñan ata o sepulcro do Apóstolo Santiago, co seu carácter de destino turístico de primeira magnitude. Ademais fixo un repaso polo programa de restauración e conservación levado a cabo entre 2011 e 2020, o máis amplo do últimos tempos e que permitiu recopilar unha inxente información acerca da arquitectura da catedral e do seu comportamento como espazo de acollida a peregrinos, visitantes e cidadáns de Santiago.

Durante o congreso, presentaron os seus exemplos xestores dun total de vinte catedrais de Italia, Francia, Alemania, España, Malta, Ucrania, Austria e Reino Unido. Tal e como sinalan os organizadores, trátase de “estudar a particular esencia que fai das catedrais verdadeiros organismos viventes, suxeitos a unha protección permanente, froito dunha reflexión ponderada e non só guiada por un criterio estético”.