Crónica Xornada de Pastoral Penal de Galicia

“Outro modelo de prisión é posible” foi o lema da IX Xornada de Pastoral Penal, que se desenvolveu na Casa de Exercicios de Santiago de Compostela este pasado sábado 11. Houbo un extraordinario relatorio central, impartido pola Ex-Secretaria Xeral de Institucións Penais, Dª. Mercedes Gallizo, que deu paso a unha extensa quenda de preguntas onde se incidiu sobre algunhas das ideas.

Gallizo, partindo da referencia da escritora e pensadora visitadora de prisións galega Concepción Arenal, realizou unha completa e profunda exposición desde un punto de vista humanista. Trátase de interrogarse de como avanzar nun sistema penal que respondese á necesidade da inserción social e reeducación do delincuente, fronte a un modelo punitivo ou que incidise unilateralmente ao só criterio da seguridade. Este é o modelo asumido na nosa Constitución, e defendido pola Pastoral Penal, pero atópase con algúns déficits na cultura penal existente, e co problema do escaso coñecemento e concienciación por parte da sociedade. Neste sentido, a relatora sinalou o importante papel que a Pastoral Penal pode desenvolver, na conversión da conciencia pública.

Exemplos dun modelo penal insertador son os módulos de respecto, educativos e autogestionarios (desenvoltos no mandato de Mercedes), unhas condicións de vida máis dignas; oportunidades educativas e laborais; a loita contra as causas do delito, como pode ser a atención terapéutica á drogadicción, e o problema da enfermidade mental; o favorecemento dos permisos e o desenvolvemento de réximes de semilibertad que permitisen un salto menos traumático á rúa e o acceso ao mercado laboral.

Pola tarde expuxéronse dúas experiencias, o programa de Traballos en Beneficio da Comunidade patrocinado por Cáritas Ourense, onde se permite realizar un voluntariado que redime a entrada no cárcere; e a peregrinación a Santiago dun grupo de mozos e mozas internas no cárcere de Teixeiro, xornadas onde se creou un ambiente precioso entre voluntarios da Pastoral, funcionarios e presos e creáronse relacións humanas magníficas.

A Xornada foi aberta polo Sr. Arcebispo, D. Julián Barrio, e contou coa presenza cualitativa de D. Fernando García Cadiñanos, Bispo de Mondoñedo-Ferrol e acompañante da nosa Pastoral, e do Auxiliar D. Francisco José Prieto. A participación este ano foi moi notable, dunhas 75 persoas, entre voluntariado e capeláns, internos, internas e funcionarionariado, así como voluntariado de Cáritas.

Juan González-Redondo, capelán do C.P. de Teixeiro.