El arzobispo, monseñor Julián Barrio, fue entrevistado hoy jueves día 22 de febrero en Televisión de Galicia (TVG). En el programa “Bos días” y dentro del espacio “A entrevista”, el arzobispo habló sobre las distintas cuestiones planteadas por el periodista Marcos Sueiro.
La TVG, en su página web, recoge algunos fragmentos de la entrevista a monseñor Julián Barrio, que reproducimos a continuación:
Fanse 25 anos da súa misión como arcebispo
“O tempo pasado véxoo con moito agradecemento ao Señor e a todos os diocesáns que me axudaron a realizar esta misión nesta igrexa de Santiago de Compostela”. “Vexo o futuro con esperanza”. “Encontrei moitas mostras de bondade e de preocupación nos diocesanos”.
Novos xestos na Igrexa
“Eu creo que nos sentimos moi interpelados polo Papa porque o que pretende é que as augas se removan un pouco, porque unhas augas estancadas son pouco curativas”. “Seguindo esta estela convocamos o Sínodo Diocesano”.
Sobre o Xacobeo do 2021
“O Ano Santo xa non o podemos pensar como un día da Igrexa compostelá e de Galicia; é un asunto que vai máis alá mesmo dos límites de España”. “Están chegando peregrinos de todas as partes do mundo, e isto témolo que ter en conta para programar todo o que ten que ver coa celebración do Ano Santo do 2021”. “É certo que non todos son cristiáns nin crentes, pero isto tennos que estimular máis para pensar na acollida que lles temos que dar”.
As obras da catedral
“As obras van razoablemente ben. Eu agardo que a mediados do ano 2020 as obras estean concluídas”. “Entón poderemos ver unha nova realidade da Catedral, aínda que a estrutura seguirá sendo a mesma”. “Non imos descubrir nada novo, pero dada a situación na que se atopaba a Catedral hai cousas non se podían ver”.
“Sempre é arriscado dar unha data, pero agardo que neste verán poidamos ver a fachada da Catedral liberada de andamios”. “Tamén teremos unha visión nova do Pórtico da Gloria”.
Sobre o pregón do Entroido en Santiago
“Eu creo que foi un feito desafortunado. Non digo que pretendesen ofender, pero de feito ofendéronse os sentimentos de moitas persoas que non entenden este tipo de actitudes”. “Estamos nunha sociedade democrática na que estamos loitando por ter unha convivencia máis humana e máis fraterna”. “Tratar de xustificar feitos como este polo seu contexto e pola liberdade de expresión non o xustifica”.