Enlázate pola Xustiza é unha rede de entidades católicas que uniron os seus esforzos en defensa dun modelo de desenvolvemento distinto: xusto, solidario e sostible.
As organizacións que formamos esta rede e que hoxe nos presentamos en A Coruña, son: Cáritas, Manos Unidas, Confer, Institutos Seculares, REDES e HOAC.
Durante cinco anos, “Enlázate pola Xustiza” impulsada pola encíclica do papa Francisco, LAUDATO SI’, vense preocupando polo COIDADO da Terra e o COIDADO das persoas empobrecidas.
Seguindo a FRATELLI TUTTI, queremos continuar poñendo no centro o coidado das persoas e do planeta, sendo conscientes de que isto debémolo facer contando con todas as persoas das diferentes culturas para ir construíndo un nosoutros cada vez máis grande.
A proposta da “cultura do coidado” revélase como unha necesidade para “erradicar a cultura da indiferenza, do rexeitamento e da confrontación que adoita prevalecer hoxe en día”.
Un coidado que comeza por cada persoa para tomar conciencia dunha orixe común, dunha pertenza mutua e dun futuro compartido por todos. Coidado que debemos tamén ter das nosas organizacións e extendelo a todas as persoas. Un coidado que ten que partir do recoñecemento da dignidade individual e que nos leve a establecer relacións de fraternidade e de xustiza. É necesario un novo marco de relacións que garante os DDHH e MEDIOAMBIENTAIS a todas as persoas e ás xeracións futuras.
Neste senso, “Enlázate pola Xustiza” planificou para estes dous anos o que chamamos A CUIDADANÍA INTEGRAL, desde un plantexamento dun marco xeral atravesado polo coidado e da man da ecoloxía integral que nos presentan variados e novos desafíos para seguir conxuntamente facendo camiños de xustiza e ben para a nosa humanidade.
Facemos incidencia pública e incidencia política.
Neste contexto proxectaremos o documental “LA CARTA”. Trátase dun documental que pretende axudar a entender o problema do Cambio Climático en toda a súa magnitude e ofrecer unha mensaxe de esperanza grazas aos testemuños das persoas participantes invitadas polo papa Francisco.
A cinta segue a diversos defensores da ecoloxía en distintas partes do mundo: un refuxiado climático de Senegal, unha moza activista da India, dous biólogos marinos de EEUU e un líder da comunidade indíxena da Amazonía de Brasil.
Foi dirixida por Nicolas Brown, (gañador de dous Premios Emmy) e coproducida por Off the Fence (gañadora do Óscar ao mellor documental 2021 por My Octopus Teacher) e o Movemento Laudato Si’.
O coloquio, que moderará o profesor JOSÉ VIÑAS, axudaranos a facer unha reflexión fronte as consecuencias do cambio climático e cal debe ser a nosa postura fronte a esta realidade que está a provocar inxustiza, migracións masivas e empobrecemento das poboacións máis desfavorecidas.
Temos que tomar conciencia de que a ecoloxía non é unha moda: É DEFENSA DA VIDA, DE TODA VIDA porque todo está interrelacionado E TEMOS QUE COIDAR a casa común.
Será proxectada o vindeiro xoves día 24 de novembro nos locais do Centro Fonseca, na Rúa Fonseca 8, ás 19,30 h. A entrada é libre respectando o aforo do local.