ESTREA en SANTIAGO DE COMPOSTELA: Película“Misterio no Pazo”

Pelicula“Misterio no Pazo”.(BoscoVisionProduCinema, Galicia, España 2021-2022)

Día: Venres30 de setembro de 2022

Hora: 20,00 da tardeEntrada gratuita

Lugar: Salón de actos do Colexio Nosa Señora dos Remedios (As Orfas) – Rúa As Orfas, 5 en Santiago de Compostela.

BoscoVisionProduCinema (productora de cine amateur e independente, sen grandes medios económicos) estrea a versión galega da súapeliculanº 115, que se rodouno Pazo de Torres Agrelo de Redondelae en Vigo, en dúasversións: castelánegalego. O título da película, en castelan: “Misterio en el Pazo”; e en galego: “Misterio no Pazo”.

(Como curiosidade, na rodaxe desta pelicula, gravouse cada escena desta película en castelán e en galego,á vez.)

A película “Misterio no Pazo” está baseada nun texto anónimo do século XIX, onde una moza e os seus amigos descobreno misterio que existe nun Pazo galego con moita historia. Para os amigos de Nerea todo é misterio e aventura, mais para ela, éunha experiencia espiritual que nunca esquecerá. A amizade eo compañeirismo conxúganse coa aventura levando a comprender o que realmente acontecenese Pazo.

Cun elenco de actorese actrices moi novos e non-profesionais, de Vigo, Moreira (Ponteareas), Ourense e Santiago de Compostela. A interpretación corre a cargo de: Ana Carreiro e Cayetano Marcote de Vigo; Zaida González (que interpreta dúas xemelgas na película), Hugo Pino e  Xoán Barros de Moreira (Moreira, Ponteareas); Roi López de Ourense;  Andrea López  e Laura López de Santiago de Compostela, dirixidos polo cineasta vigués Ángel Fernández Prado,e coa  participación na voz en off como narrador de Juan Lago.

Asistirá á estrea o equipo artístico e técnico da película “Misterio no Pazo” e haberá sorpresas da rodaxe deste filme.

Esta película participou nos seguintes festivais onde conseguiu varios recoñecementos:

  • Sundance Independent Amateur Film Festival 2022, con 7 mencions e 4º posto.
  • International Short Film Festival Oberhausen Berlinale 2022, con 4 premios.
  • International New York Film Festival INYFF 2022, con 5 premios.