Historia e actualidade do movemento ecuménico: Inicios do movemento ecuménico

Dende a última parte do século XIX apareceu unha corrente unionista entre algunhas das igrexas cristiás procedentes da Reforma, fundamentalmente debido a que neses tempos iniciaban a súa tarefa misioneira polo mundo. De feito, un fito que vai marcar o inicio do movemento ecuménico vai a ser a Conferencia misioneira mundial de Edimburgo (1910). Dende ese momento comezáronse a coordinar iniciativas dispersas para impulsalas a nivel mundial,  nun proceso que foi visto por todos -menos pola Igrexa Católico romana daquel tempo- como un impulso do Espírito Santo.

Benito Méndez
Profesor do ITC