Luz na Noite: Vivir o Triduo Pascual no Centro Penitenciario Teixeiro

O Santo Triduo Pascual é toda unha experiencia existencial no cárcere. Onte Xoves Santo, e hoxe Venres, tivemos ocasión de celebrar cos presos e presas de Teixeiro, coa nosa Igrexa encadeada os acontecementos do Prendemento, falso xuízo, Paixón e Morte do Señor. Onde humanamente todo é noite, Deus é Luz e Esperanza.

Para moitas persoas a estancia dura en prisión, que pon a proba a resistencia humana, é ocasión de encontro con Deus. Tamén para os que os acompañamos, voluntariado, capeláns, é ocasión de encontro con Xesús e vivificación da fe.

Os nosos pastores son moi cercanos a esta realidade. Onte a Misa da Cea do Señor foi presidida polo Sr. Bispo de Mondoñedo-Ferrol, Mons. D. Fernando García Cadiñanos, que acompaña á Pastoral Penitenciaria en Galicia. Un salón de actos cheo celebrou uns austeros e emotivos oficios, co significativo lavatorio dos pés.Un nutrido número de reclusos de Teixeiro proceden de Ferrolterra, unha comarca moi golpeada socialmente pola reconversión industrial e a droga. Acompañárono un grupo de voluntarios e o equipo técnico do piso de permisos de Ferrol, así como a directora diocesana de Cáritas, Dª María Victoria González, e a Delegada diocesana, Dª Nieves Espiñeira.

Esta mañá, presidiu a celebración do Vía Crucis Mons. D. Francisco Xosé Prieto, ó que tamén acompañaron varias voluntarias e voluntarios da Pastoral, así como a Delegada diocesana Dª Yolanda Sánchez. A oración foi moi participada e emotiva, con meditacións elaboradas por presos de Soto del Real. Un centear ben soprepasado de presos participaron, e despois tiveron ocasión de conversar co Sr. Arcebispo, quen os saludou un por un ó final. A continuación D. Francisco visitou o módulo-comunidade terapéutica, a UTE, reuníndose cos internos e internas, quen o agasallaron con recordos feitos por eles mesmos nos talleres educativos. Alejandro, cantautor, xunto a outros rapaces, interpretaron o himno da UTE, que expresa a dor e as dificultades para saír das drogas unha vez que estas atrapado nelas. Juan González-Redondo, capelán do Centro Penitenciario.

Juan González-Redondo