Manos Unidas de Santiago celebra neste Nadal 2022 o seu VIII Certame de Tarxetas “Nadal Solidario”, destinado a nenas e nenos dos centros educativos de Santiago e contorna, e as nenas e nenos que particpan nas catequesis das distintas parroquias da zona.

Este certame ten como proposito facer unha labor de sensibilización entre os máis novos, na que se valora nos traballos presentados, a alusión ao Nadal nos países empobrecidos, a referencia a Manos Unidas e, por suposto, o valor estético e pictórico das obras das participantes.

As tarxetas expoñeranse no vestíbulo da Biblioteca Pública Anxel Casal de Santiago (Avda. Xoan XXIII) desde o 21 de decembro ata o 9 de xaneiro

O día 21, na súa inauguración as 12 horas do mediodía terá lugar unha rolda de prensa para expoñer os motivos da celebración deste certame, así como comentar a labor de Manos Unidas nos seus proxectos de cooperación no exterior, e a súa tarefa de sensibilización do público xeral e, especialmente, entre os máis novos.

Manos Unidas-Santiago quere invitar os medios de comunicación locais a este acto de inauguración, e roga a difusión do certame.