Esta semana publicouse o número 500 de “A Xanela”, a Folla parroquial da Unidade Pastoral de Carballo, que ininterrumpidamente desde hai algo máis de 9 anos se elabora cada semana.
É este un número especial, do 13 ao 27 de agosto, no que se recolle de forma detallada todo o referente ás celebracións da Novena e da Festa da Milagrosa.
Por iso con corazón agradecido o párroco, José García Gondar, quere recordar que fai 12 anos, o día 4 de setembro mons. Julián Barrio presidiu a Misa de Apertura do Ano Xubilar Mariano da Milagrosa, e o día 6 de decembro celebrouse a Vixilia Diocesana da Inmaculada para a mocidade. Fai 11 anos, o día 3 de setembro mons. Barrio clausuraba o Ano Xubilar coa coroación canónica da imaxe da Virxe Milagrosa. E fai 10 anos, o día 1 de setembro mons. Julián Barrio bendiciu a Casa de Acollida da Muller “Fogar Dª Basilisa”.
Ao longo destes anos ofreceron á Virxe, como mostra de cariño e devoción, as vidreiras da Capela, o cruceiro, o mural, os 6 cadros con escenas da vida de María, a Fonte da Milagrosa cos 7 caños (sacramentos), o Xardín dos olivos.
Neste aniversario da Coroación da Nosa Señora, Gondar fai unha invitación a “volver a Xesús e renovar en familia a vida cristiá, vivir os Sacramentos e a Caridade” e a vivir con devoción especial a Novena e a Festa da Milagrosa deste ano.