ActualidadO bispo auxiliar, monseñor Prieto Fernández, participará este sábado no encontro da...

O bispo auxiliar, monseñor Prieto Fernández, participará este sábado no encontro da Irmandade Obreira de Acción Católica-HOAC Galicia

O vindeiro sábado, día 18 de setembro, celebrarase o Día da Irmandade Obreira de Acción Católica – HOAC de Galicia, cunha serie de actos que terán lugar na Igrexa parroquial de Curtis e no centro de A Raíña. O bispo auxiliar, monseñor Francisco José Prieto, acompañará aos participantes neste encontró e presidirá unha Eucaristía. O programa da xornada é o seguinte:

Lugar 1º: Igrexa parroquial de Curtis

10:45 Acollida.

11:15 Oración

11:30 Presentación do día – Tema (“Tendendo pontes, derribando muros”)

12:15 Diálogo

12:45 Descanso

 

Lugar 2º: A Raíña – Cabrui (Curtis)

13:15 Eucaristía presidida por  D. Francisco J. Prieto, bispo auxiliar de Santiago

14:15 Xantar compartido

16:00 Actividade ĺúdica

A Irmandade Obreira de Acción Católica é un dos movementos da Acción Católica. Trátase dun movemento para a evanxelización do mundo obreiro e do traballo.

Segundo se sinala dende a Irmandade Obreira de Acción Católica, “a Pastoral Obreira, tarefa de toda a Igrexa realizada por moitas persoas, movementos e grupos como Irmandades do Traballo, XOC, Relixiosas en Barrios, Equipos Parroquiais de Pastoral Obreira, é o conxunto de obxectivos, mediacións, actuacións e tarefas que teñen como fin a nosa encarnación no mundo obreiro e do traballo para:

  • Anunciar a Boa Noticia.
    • Denunciar a inxustiza e o pecado.
    • Transformar a sociedade e as persoas coa forza do Evanxeo.
    • Promover unha cultura da vida.
    • Construír a Igrexa de Xesucristo no mundo obreiro e do traballo.
    • Posibilitar a nosa conversión.

En comuñón e colaboración con eles, a HOAC realizamos este traballo misioneiro para a Pastoral Obreira, sendo un instrumento para colaborar co apostolado dos bispos, desde o protagonismo dos laicos, no mundo obreiro e do traballo”.

Lo más visto

Condecoración a cuatro sacerdotes en la celebración del Pilar

Los sacerdotes Antonio Vila Brion, párroco de Baroña y Xuño, Ramón Jorge Mosquera (Porto do Son e unidas), Jesús López Míguez (Outes) y José...

«Polo Camiño da fe»: 75 anos da Irmandade Obreira de Acción Católica

A Irmandade Obreira de Acción Católica cumpre 75 anos de existencia. Os militantes de toda Galicia runíronse na Raíña para compartir una xornada de...

Más Entradas