O espírito do Nadal impulsa o reparto solidario de alimentos da Unidade Pastoral de Campo Lameiro

O espírito do Nadal impulsa o reparto solidario de alimentos, recollidos grazas á colaboración da veciñanza. Esta actuación será levado a cabo mañá pola Unidade Pastoral de Campo Lameiro, en colaboración co Concello, e pretende achegar a axuda solidaria dun xeito digno e discreto ás familias en situación de especial vulnerabilidade para que gocen tamén destas datas tan especiais.

A solidariedade é unhas das principais características do ser humano e na época do Nadal faise máis evidente para que, compartindo, todo o mundo teña un momento de ledicia.

Campo Lameiro é un municipio solidario e o irmandamento e a solidariedade son elementos que o definen como pobo.

Bo Nadal para todos e todas en todos as casas e recunchos do noso concello.