O xurado do V Premio Internacional APECSA 2017 de Divulgación do Camiño de Santiago, convocado pola Asociación de Periodistas e Estudiosos do Camiño de Santiago, decidiu conceder o Premio a D. Segundo Pérez, Deán da Catedral de Santiago de Compostela e director da Oficina do Peregrino, polo seu labor como promotor e director do Congreso Internacional de Acollida ao Peregrino e relación de axuda. Encontro convivencia de voluntarios e hospitaleiros no Camiño de Santiago, que se celebrou en Santiago de Compostela, os días 27, 28, 29 e 30 de outubro de 2016.
O Xurado estivo presidido por Luís Celeiro Álvarez, e del forman parte Xavier Goyanes Vilar, Carmen Prado Pico e José Luis Muñoz Portabales. O premiado recibirá unha obra do escultor lugués Luís Loureira, titulada Harmonía.
A presenta edición do premio está dedicada, in memoriam, a Jeannine Warcolliere
Fuente: Catedral de Santiago
foto: blog.caminodesantiago.gal