Os curas de Arousa homenaxean aos compañeiros que celebran as vodas de diamante sacerdotais

  • Don José Aldao e Don José Crespo foron os protagonistas dunha xornada de gratitude, amizade e moitos recordos

O arciprestado do Salnés viviu esta semana unha emotiva celebración na que os curas de Arousa renderon homenaxe a dous dos seus compañeiros: Don José Aldao e Don José Crespo, que celebran as súas vodas de diamante no ministerio sacerdotal.

A xornada, que xa se ten convertido nun clásico anual entre o clero da zona, estivo marcada pola emoción, os reencontros e as palabras de recoñecemento. Nun ambiente cheo de fraternidade e lembranzas compartidas, os asistentes destacaron o exemplo de entrega, servizo e fidelidade que representan os dous homenaxeados.

Cada ano, o arciprestado organiza esta celebración para recoñecer a traxectoria daqueles sacerdotes que cumpren aniversarios significativos no seu labor pastoral.

Don José Aldao e Don José Crespo, visiblemente emocionados, agradeceron o xesto dos seus compañeiros e aproveitaron a ocasión para compartir anécdotas e reflexións que deron mostra da súa longa traxectoria e compromiso coa comunidade.

Sumámonos á homenaxe cun sincero parabéns a Don José Aldao e Don José Crespo, exemplo de vocación e humanidade.