Este vindeiro xoves, 5 de decembro celebraranse unha serie de actividades relacionadas co Nadal nas instalacións de Padre Rubinos. O edificio lucirá dun xeito especial grazas a un alumeado feito para a ocasión. É un alumeado que vai acender Pilar Farjas, directora de Cáritas Diocesanas de Santiago.

As instalacións de Padre Rubinos acollen a 145 maiores residentes e un centro de día con capacidade para 40 persoas. Na garderia atenden a 95 nenos e anualmente 2500 transeúntes pasan polo albergue desta entidade social.