Desde o equipo sinodal diocesano, convidamos a todas as persoas, en especial aos grupos sinodais, para que participedes de forma activa na Fase Continental do Sínodo Por unha Igrexa sinodal: participación, comuñón, misión.
Seguimos en Sínodo. Agora na fase continental pídesenos de novo escoitarnos e escoitar ao Espírito e facer un discernimento comunitario nun clima orante, como na fase diocesana, a partir de tres preguntas. Convídasenos de novo a unha conversión misioneira que nos permita camiñar xuntos para anunciar o evanxeo.
Para o traballo en grupo recoméndase adicar alomenos unha reunión a esta fase. Sendo necesaria unha previa lectura reflexiva e orante do Documento da Etapa Continental (en diante, DEC) a nivel persoal, e o posterior envío da síntese tras un diálogo fraterno na reunión.
Podedes facernos chegar esta síntese, cunha páxina como máximo, ANTES do 13 de XANEIRO de 2023 a este enderezo: sinodo21_23@archicompostela.org poñendo o nome do grupo e a parroquia, asociación ou movemento que pertence.
Por iso, facilitamos unha sinxela Guía de Traballo, que podedes descargar e distribuir nos grupos sinodais.
Carta convocatoria fase continental Sínodo (ESP)
Carta convocatoria fase continental (GAL)
Guia de trabajo Fase continental Sínodo Diócesis de Santiago (ESP)
Guia de traballo Fase continental Sinodo Diócese de Santiago (GAL)