Pregón Pascual

Cos Apóstolos derrotados, agachados, cheos de medo, pasando a súa cuarentena, produciuse a anunciada Resurrección do Señor Aleluia!

Non estaban preparados para a realidade da Resurrección, tantas veces anunciada polo Señor. Preferían seguir remoendo a perda dunha ilusión.

“Nós esperabamos…” dicían os que ían camiñando a Emaús. Pero, daquela esperanza, nada quedou, pensaban. Foi todo un fracaso.

Sinais da victoria de Xesucristo tiñan, pero preferían o victivismo da derrota. Velaí o seu consolo.

Nós, hoxe, podemos ser eses discípulos. Levaban canda eles a Xesucristo Resucitado, contaban a súa frustracción, tarde caeron na conta. Xesucristo resucitara e quería arrecadar ós discípulos para onda sí.

A cuarentena desta pandemia pode ferir a nosa esperanza cristiá. Ergamos os corazóns.Xesucristo está connosco. Tamén padece con nós e quere levantarnos da postracción.

Os intres meirandes da vida do Señor van vencellados a súa Pasión, Morte, e Resurrección. Nas últimas horas da súa vida, están os magnos exemplos de caridade e entrega por nós. Ata dar a mesma vida así ofrendada ó Pai.

Na Cea Pascual, a despedida máis garimosa, o Mandamento Novo a humildade no lavatorio de pés.

Non perdamos nada disto. A Caridade e a Esperanza nesta Cuarentena nosa teñen que sobreponerse ó sacrificio que todos tivemos que aportar á obra redentora do Señor.
Xesucristo Resucitado, vencedor da morte, nos dea parte da gran victoria da súa Resurrección. Aleluia!

Xosé Pumar Gándara