Nunha tarde chea de significado, o equipo de voluntariado da Pastoral Penitenciaria reuniuse no Fogar Santa Margarita para profundar na parábola do fillo pródigo. Este retiro, que tivo lugar o venres pola tarde, permitiu ao voluntariado compartir as súas experiencias e reflexións sobre a complexa tarefa que realizan.
Abordaron diversas inquedanzas relacionadas co traballo no ámbito penitenciario, destacando a importancia do acompañamento e a empatía cara ás persoas que atravesan situacións difíciles. Ademais, exploraron estratexias para mellorar o apoio brindado ás persoas privadas de liberdade e en proceso de reinserción.
O Fogar de Santa Margarita, converteuse no escenario perfecto para este intercambio de experiencias e reflexións. O voluntariado de Pastoral Penitenciaria continúa a súa labor con forzas renovadas, comprometidos co coidado de quen máis o necesita.