Sacerdotes do Salnés celebran o fin de curso pastoral co xubileo no Corpiño

Un grupo de quince sacerdotes do arciprestado do Salnés celebrou esta semana a súa excursión de final de curso pastoral cunha visita ao Santuario do Corpiño, en Lalín, onde gañaron o xubileo. Foi unha xornada de convivencia fraterna, oración e descanso antes do inicio do verán.

Durante a saída, tamén visitaron o museo dedicado a Don Ramón María Aller Ulloa, astrónomo e sacerdote lalinense, e desfrutaron dun xantar festivo en ambiente distendido. Os participantes destacaron o valor deste encontro para reforzar os lazos entre os curas do arciprestado e afrontar con forza renovada o novo curso pastoral tras o verán.