San Amaro

Con este nome, así galeguizado, é coñecido San Mauro, discípulo de San Benito. Vivíu no século VI. Introducíu o monaquismo en Francia, foi o primeiro xeneral da orden benedictina.

Está representado o santo, xunto con S. Benito e S. Plácido, no retablo da dereita, no cruceiro de S. Martiño Pinario. S. Mauro recibe do fundador a orden de “ora et labora”, norma clásica da orden benedictina. Así, na imaxe.

Cóntase que nunha ocasión estaba Plácido bañándose en augas abertas, pero con perigo de afogar. Naquel intre S. Benito mandoulle a Mauro que o fose liberar e así foi. Modelo de obediencia.

A orden benedictina deixou a súa pegada en moitos lugares da nosa diocese presentando o culto a S. Mauro (=Amaro) en capelas e igrexas.

As imaxes do santo represéntano con túnica e manto, cuberto con capucha e leva bastón na man. Como é santo “do inverno”, é invocado contra toses e reumas. Xa din: “o devoto verdadeiro é o que me vén ver o 15 de xaneiro”.

Xosé Pumar Gándara