O verán do rural galego e un contínuo de festas e romarías. As nosas parroquias de Mesía e Frades celebraron ó longo do estío as súas festas patronais, así como outras celebracións relixiosas en torno á Virxe María e á solemnidade do Santísimo Sacramento.
Estes últimos días celebrouse en moitas parroquias da diocese o San Bartolomeu. En Xanceda, aínda que a parroquia está adicada ó Divino Salvador, celebrase os días 24 e 25 de agosto a súa festa máis importante. A solemnidade do San Bartolo estivo este ano presidida por Monseñor Elieser Antonio Romero, Bispo de San Fernando de Apure, Venezuela, quen se encontraba de visita estes días pola diocese para visitar ós seus sacerdotes P. Randall Pinto e P. Jhonny Delgado, que están realizando o seu labor pastoral en varias parroquias de O Pino e Arzúa en tempo de estudo.
D. Elieser exhortou ós fieis de Xanceda e ós devotos a un renovado compromiso bautismal que dea froitos nunha Igrexa sinodal. Ó día seguinte, D. Francisco Buide del Real, cóengo arquiveiro da Catedral, presideu o segundo día de festa con un carácter máis mariano. Despois da Misa, como en tantos lugares de Galicia neste tempo, procesionaron os santos, acompañados polos grupos musicais, e a verbena, como é tradicional, continuou o festexo popular.
En Vitre, Frades, estes días estase a celebrar a novena na honra a Santa María, baixo a advocación de Nosa Señora das Virtudes. Este venres, á noitiña, terá lugar a procesión do traslado desde a Igrexa parroquial de San Xoán, ata a capela das Virtudes, onde o sábado terá lugar unha concurrida romaría.
As Misas se celebrarán ás once, doce, unha e oito da tarde. E a mediodía é a noite a verbena. Centos de merendas de familias, pandillas de amigos, de tódalas idades, quedarán a xantar polo Campo da Capela, creando un fermoso ambiente de confraternidade onde hai espazo para a fe, a amizade, e a tradición, en contacto con un fermoso paraxe natural.
Juan González Redondo






