San Martiño de Penalba

Romarías coma as de antes, quedan poucas. Nas parroquias que conforman a Unidade Pastoral de Campo Lameiro o mundo rural quere seguir tendo protagonismo. Co impulso do párroco, Fermín Santiago Iglesias, organízase o vindeiro 14 de novembro unha edición máis da Romaría Mercado Artesanal de San Martiño de Penalba. A idea xa nacera antes da pandemia, co gallo de recuperar usos e costumes nas relacións interpersoais e para dinamizar cultural e económicamente a bisbarra de Pontevedra, na que se sitúan Campo Lameiro e os seus concellos limítrofes.

A Eucaristía marcará o inicio desta xornada festiva (misa rezada ás 10h e ás 11h; Misa Cantada ás 12:30h) na que se coñece como Capela de San Antonio de Penalba. Artesanía, música, bo xantar e alimento tamén para a alma: unha cita moi galega que cultiva as dimensións todas da persoa.