Solidarios: Parroquia de Ribeira

o traballo inxente de Cáritas parroquial durante todo o ano (atención primaria de 134 familias) non se detivo en Ribeira polo feito do illamento domiciliario. Percibiuse un incremento de 40 familias afectadas, principalmete, polo parón do comercio, actividade de subsistencia que lles permitía ir “ao día” nas súas economías domésticas. A institución caritativa católica traballa en rede, moi coordinadamente, con Asuntos Sociais do Concello, co colectivo evanxélico Ice Renovación e co Banco de Alimentos. Manteñen vivo o reparto de alimentos e a solicitude por diversos colectivos vulnerables situados no lugar. A laboura da Cáritas parroquial de Ribeira recae estes días en 4 dos seus voluntarios, posto que os de maior idade precisaron illarse nos seus fogares, por mor do risco sanitario.