V Escola de voluntariado – Manos Unidas

A “V Escola de Voluntariado” é unha proposta en forma de campamento sostible para persoas entre 18 e 35 anos que queiran experimentar o voluntariado local e participar nos debates xerados dos retos sociais globais. Co marco teórico da Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, dende Mans Unidas preténdese concienciar a través da Educación para o Desenvolvemento as xoves galegas con inquedanzas polo cumprimentos de dereitos.

Convidámoste a formar parte desta experiencia, onde atopará outras xoves cos que compartir e debatir sobre temas sociais. Vémonos do 1 ao 4 de agosto na Asociación a Raína Paraíso en Vilasantar (A Coruña). A participación ten un custe de 30€ con posibilidade de beca, simplemente ponte en contacto: educacion.galicia@manosunidas.org 606592012, antes do 20 de Xuño, soamente hai 15 prazas dispoñibles.