Foto de archivo

A noite de Resurrección é o momento máis especial para os cristiáns, merece a pena vivilo intensamente. Con esta idea, e cos azos da celebración do ano pasado, presidida polo entón Arcebispo electo, D. Francisco, mañá sábado as comunidades do arciprestado de Barbeiros nos volveremos xuntar para celebrar a Vixilia Pascual.

Nesta ocasión nos albergará o Pavillón de Visantoña, e comezaremos coa bendición do lume, ás dez da noite. Fregueses das distintas parroquias, con moito agarimo, están preparando esta gran Eucaristía da liturxia cristiá para que todo acompañe e axude a entrar no misterio que acontece, a gran festa da Vida. Ó rematar, teremos ocasión de compartir un chocolate ben quente que se agradecerá pois o inverno resístese a abrir paso á primavera.

O arciprestado de Barbeiros está formado por trinta e tres parroquias rurais dos Concellos de Mesía e Frades, básicamente, aínda que tamén comprende algunhas de Oroso, Ordes e Oza-Cesuras. O ano pasado, na Vixilia, tivo lugar a presentación dun equipo de ministros da Palabra que animan as celebracións da Palabra. Neste momento de readaptación pastoral, nestas comunidades imos dando pasos que abran novos camiños de evanxelización, integrando unha comunidade de comunidades que permita o anuncio da Boa Nova nesta comarca eminentemente rural da diocese, respostando ó desafío dun tempo distinto.