Vía Crucis en Teixeiro

“Cargando el mesmo coa cruz, saíu para o lugar chamado da Caveira, que se di Gólgota en hebreo. Alí o crucificaron, xunto con outros dous, un a cada lado, e Xesús no medio.” (Xn 19, 17-18)

O sufrimento forma parte da nosa vida. Supón un misterio que Xesucristo sufra, acompañe e transforme a nosa dor. Este increméntase cando os nosos plans non saen como queremos.

Profundemos neste tempo pascual sobre as diferentes realidades de madeiro e resurrección que nos rodean, situacións que tan de preto viviu Jesús: fame, guerra, paro, pobreza, trata, migración, enfermidades físicas e psíquicas, abusos, violencia, morte de seres queridos, prisións… Si; as prisións tamén constitúen un lugar de sufrimento. Que non nos deixe indiferente este mundo doente, tanto polo que sofren as vítimas como por quen cometeu delitos e polos seus familiares, que son acompañantes moitas veces impotentes.

A quen lle preocupa realmente o cárcere, lugar de vía crucis? É lóxico un primeiro rexeitamento de supervivencia, precaución e defensa fronte aos delitos. Especialmente cando se trata de psicópatas. Para as persoas que causaron dano, recoñecelo e perdoarse é ás veces máis difícil que perdoar a outro.

Para escoitar, acompañar e orientar empecei a finais dos 70 como voluntaria en Carabanchel e pasei enseguida a traballar case 40 anos como psicóloga de Institucións Penais. Desde fai case dez pertenzo á Pastoral Penal (…)

(Texto de Vía Crucis realizado por María Yela, Delegada de Pastoral Penitenciaria da diocese de Madrid)