XI Congreso Monxa do Penedo

O XI Congreso Monxa do Penedo celebrarase o vindeiro 7 de marzo de 2026 cun completo programa de actos relixiosos e de confraternidade que se desenvolverán entre Cuntis e Santiago de Compostela.

A xornada dará comezo ás 10:30 horas coa recepción dos participantes na Igrexa parroquial. Ás 11:30 horas terá lugar unha conferencia no Hotel Balneario de Cuntis, un dos espazos máis emblemáticos da vila.

Posteriormente, ás 12:30 horas, realizarase unha ofrenda floral a María Antonia, nun acto de lembranza e homenaxe. Ás 14:00 horas celebrarase o tradicional xantar de confraternidade, que servirá como punto de encontro entre asistentes e organización.

Pola tarde, ás 16:00 horas, está previsto o traslado en autobús ao Convento do Carme, onde ás 18:30 horas se celebrará a Santa Misa.

A xornada concluirá ás 20:00 horas co regreso a Cuntis.

Dende a organización pregase ás persoas interesadas que comuniquen a súa asistencia na sancristía parroquial para unha mellor coordinación do evento.