No corazón verde de Mesía, a parroquia de Raíña prepara os últimos detalles para acoller unha das celebracións máis sentidas do verán: a Festa de Santa María Raíña, que terá lugar o vindeiro venres 22 de agosto. A cita, que xa é tradición entre os fieis da zona, convida este ano, de maneira especial a todos os sacerdotes da Diocese de Santiago a compartir unha xornada de fe, encontro e irmandade.
A xornada comezará ás 11:00 horas cunha visita ás instalacións da Asociación Raíña, espazo de acollemento e compromiso social, onde os asistentes poderán coñecer de preto o labor que alí se desenvolve. Ás 13:00 celebrarase a Eucaristía na honra da Virxe (para a que se recomenda aos sacerdotes traer alba e estola branca).
Despois da misa, os organizadores convidan a todos os participantes a compartir un xantar comunitario cos fieis da parroquia, sen necesidade de inscrición previa. Tan só se pide, con sinxeleza e espírito de colaboración, que quen queira leve algo de sobremesa e, se é posible, que os sacerdotes veñan de dous en dous, “cun amigo sacerdote, para comer xuntos”, como sinal de amizade e unidade no presbiterio.
A dirección: Raíña, 15685 Mesía, A Coruña. Para chegar: ligazón ao mapa.






