Cancélase a peregrinación diocesana a Terra Santa

Ante a situación xerada pola pandemia do Covid 19, a Diocese de Santiago decidiu cancelar a Peregrinación Diocesana a Terra Santa, prevista para o vindeiro mes de xullo.
Segundo indicou Alfonso Mera, responsable da organización, “estaba case ao completo, con 147 peregrinos.

Moitos deles fixeron a entrega de dous prazos e o seguro de cancelación”.
Mera indicou que “a incertidume na que vivimos obriga a cancelar a peregrinación e non permite pensar polo momento nunha nova data”.

Alfonso Mera sinalou que “os pasos que se están dando son os de devolver íntegramente os ingresos de cada peregrino, algo que se está facendo progresivamente. Faltan peregrinos cos que contactar, porque non teñen e-mail ou porque non contestaron ás mensaxes enviadas”.
Mera lembrou tamén que o arcebispo, monseñor Xulián Barrio, dirixiu unha carta aos peregrinos manifestando o pesar de ter que tomar a decisión de cancelar a Peregrinación”. Nesa mesma carta, o arcebispo manifesta que “non renunciamos a programala noutra ocasión”.