Historia e actualidade do movemento ecuménico. O Concilio Vaticano II

A iniciativa do papa Xoán XXIII de crear un Secretariado para a Unidade dos Cristiás dentro da estrutura da Curia Romana (1960) xa facía pensar en que o Concilio ía a ser un punto de inflexión da Igrexa con respecto ao Movemento ecuménico.  O Secretariado, dirixido polo xesuita Augustin Bea, convertirase ou funcionará na práctica como unha comisión conciliar. Non en van, o anuncio da celebración do Concilio foi feita polo Papa na igrexa de San Paulo extramuros, ao remate da Semana de Oración pola unidade dos cristiás (25.01.1959)

O Ecumenismo vai a ser así un punto de referencia clave para a obra conciliar, nomeadamente na súa reflexión sobre a Igrexa. O decreto Unitatis redintegratio, xunto coa constitución Lumen gentium e o decreto Orientalium ecclesiarum, serán os pilares da  entrada oficial de la Igrexa católica no Movemento Ecuménico.

Benito Méndez
Profesor do ITC