- Co lema “Igualdade e Dignidade – A precariedade laboral escríbese en feminino”, ITD pide políticas de emprego activas e pasivas vencelladas á educación para o emprego e dirixidas a reforzar as probabilidades de que as mozas atopen un emprego.
A ratificación do Convenio e posterior aprobación da Real Decreto-lei 16/2022 que dá lugar a modificacións de distintas normativas relacionadas co traballo do fogar, supuxo un avance no recoñecemento de dereitos, sobre todo na histórica reivindicación do acceso á protección fronte ao desemprego. Pero quedáronse fóra outras reivindicacións que suporían unha verdadeira equiparación de dereitos laborais e de seguridade social, fundamentalmente todo o relativo ás condicións particulares que conleva o traballo de interna.
No seu manifesto, “Igualdade e Dignidade – A precariedade laboral escríbese en feminino” feito público con motivo do Día Internacional da Muller, a iniciativa Igrexa polo Traballo Decente (ITD) reivindica un cambio na organización da sociedade onde o centro sexa a persoa e poida ter acceso a un traballo decente que supoña que mulleres e homes traballemos en igualdade, dignidade, liberdade e seguridade.
Por iso, séguese denunciando a desigualdade salarial que mantén ás mulleres en situación de inferioridade e desde ITD esíxese que se corrixan as desigualdades existentes tanto a nivel salarial como das situacións que as orixinan.
Fronte á situación dos mozos, ITD “atopa unha especial dificultade de acceso ao mercado laboral de mulleres novas”. Por iso, “pedimos políticas de emprego activas e pasivas vencelladas á educación para o emprego e dirixidas a reforzar as probabilidades de que as mozas atopen un emprego”.
Neste sentido, a iniciativa urxe a que o traballo que as mulleres realicen sexa socialmente recoñecido e goce das condicións laborais dun traballo decente.
Ante todo isto, “temos que situarnos noutra lóxica, habemos de afrontar a realidade do mundo obreiro e do traballo desde a fraternidade, da dignidade da persoa e o ben común. Situarnos na lóxica da defensa da dignidade do traballo e dun traballo con condicións dignas e saudables para as persoas que o realizan.”
Seguindo o lema “Igualdade e Dignidade – A precariedade laboral escríbese en feminino”, ITD únese ao constante chamamento do papa Francisco para poñer fin ás desigualdades das mulleres no mercado laboral, como a menor consideración dos riscos laborais nos traballos altamente feminizados e que traen problemas de saúde, e acabar coa brecha salarial, un “escándalo que os cristiáns deben rexeitar firmemente”, xunto coas consecuencias que todo iso carrexa, pide a iniciativa no seu manifesto.
***
A iniciativa Igrexa polo Traballo Decente (ITD) comezou a súa andaina en 2014 e está formada por organizacións de inspiración católica e congregacións relixiosas, entre as que se atopan Cáritas, a Conferencia Española de Relixiosos (CONFER), a Irmandade Obreira de Acción Católica (HOAC), Xustiza e Paz, a Mocidade Estudante Católica (JEC) e a Mocidade Obreira Cristiá (JOC). O seu obxectivo é sensibilizar, visibilizar e denunciar unha cuestión esencial para a vida de millóns de persoas: o traballo humano e reivindicar o traballo decente «cara ao interior destas organizacións, cara á Igrexa en xeral e cara á sociedade».
***
DATOS SOBRE A MULLER TRABALLADORA EN ESPAÑA
A brecha salarial de xénero é de 4.721 euros ano. A muller cobra un 20,9% menos que os homes As ocupacións que contan con maior salario medio están masculinizadas, mentres que as ocupacións con salarios baixos están feminizadas.
Do total de persoas desempregadas 3.024.000, máis da metade son mulleres, 1.623.000. A taxa de emprego das mulleres diminúe a medida que teñen descendencia.
O 75% da poboación asalariada en España a xornada parcial son mulleres.
Hai 1.488.550 mulleres que xa non buscan emprego, para encargarse dos labores de coidado.
En 2022, o 53% dos accidentes de traballo in itinere sufríronos mulleres.
Fuentes: Ministerio de Traballo e Economía Social. EPA. CCOO. www.noticiasobreras.es
***