As Servas de San Xosé, tamén coñecidas co agarimoso nome de “Josefinas”, estás presentes na diocese de Santiago en dúas casas: Santiago de Compostela (a onde chegaron nos anos 60; traballan con Cáritas) e Porto do Son (desde 1971). Seis relixiosas en Santiago e catro no Son. Desde a súa consagración a Deus e a os irmáns, acollen con ledicia a misión de encomendar a todos os diocesáns coma se de unha comunidade parroquial se tratase. Esta intención estará presente, dun xeito especial, na oración comunitaria das 9:00h e 20:00h. Descansamos neste día os nosos corazóns inquedos na súa intercesión leal.
“Somos Servas de San Xosé. Estamos afeitas, como El, a servir dende a monotonía, a sorpresa que nos reborda e a calma que nos dá a fe en toda situación.
Bonifacia, a nosa Fundadora, fiel retrato do mesmo Santo, no século XIX viu a necesidade das mulleres explotadas e maltratadas amais de falta de cultura e de recursos para traballar na sociedade industrial daquel momento. O seu grande Amor, regalo de Deus, moveuna a consagrar a súa vida para liberalas a elas. Uniuse con outras que querían o mesmo e abriron un taller para dar traballo e formación a esas mulleres. Atención á muller traballadora e pobre. Hoxe en varias partes do mundo, seguen a facer o mesmo, mentres a nosa labor en España está, preferentemente nos colexios.
A nosa Comunidade en Santiago colabora, sobre todo, con Cáritas diocesana. En Porto do Son atendimos, tempo atrás, unha Escola Fogar que se ocupaba dos nenos ser escolarizar, agora queda no pobo unha presenza que colabora coa parroquia, especialmente na catequese.
Neste momento somos solidarias co resto do mundo, illadas na casa, deluvando as horas conforme ao noso querer. Bendito sexa Deus que nos dá esta oportunidade. Comunicándonos a través das redes, animando a aquelas ou aqueles que traballan en centros sanitarios, alentando co noso alento ás persoas que nos queren, uníndonos á humanidade que reza e celebrando a solidariedade humana neste mundo global. Alimentamos a esperanza de poder volver á rúa sendo distintos, porque Deus traballounos por dentro neste tempo. A esperanza, tamén, de que cantos levou a pandemia estean gozando do gozo de Xesús Resucitado, e cantos sigan enfermos que a esperanza medre nos seus corazóns.