Solidariedade das persoas internas do Centro Penal de Teixeiro

Nestas semanas previas ao Nadal, as persoas internas do módulo de Respecto Nelson Mandela do Centro Penal de Teixeiro, fixeron unha recollida de alimentos para doar ás persoas máis desfavorecidas.

Esta recollida xorde nunha das súas asembleas diarias afirmando o seguinte: “aquí temos onde durmir e tres comidas diarias e somos conscientes de que hai moita xente que carece destas necesidades básicas, polo que queremos achegar o noso granito de area para poder axudar a quen o necesite”.

Os alimentos recollidos foron entregados, este domingo 18 de decembro, a Cáritas parroquial de San Cristovo das Viñas, que colabora na casa de acollida de persoas que saen en liberdade sen recursos. Para a entrega organizouse unha saída programada onde dúas internas se acercaron á parroquia de San Cristovo e ademais de levar os alimentos, tiveron unha charla coloquio coa xente da Parroquia. Levaban uns petos nos que se podía ler: “somos persoas privadas de liberdade pero non de solidariedade”

Aproveitouse a saída para facer unha visita á Parroquia de Cambre, Parroquia que xa o ano pasado doou un lote de roupa interior para o centro penal e este ano unha maquina de coser, e entre outras cousas, utensilios de salón de peiteado. As dúas persoas internas que foron compartir experiencias cos mozos e mozas de catequeses de confirmación leváronlles figuras de cerámica e de papel feitas por eles no cárcere.